Me gusta

mércores, 6 de xaneiro de 2016

E espertou

Mañana aquí es Navidad (Guenna, en amárico). Esto del calendario no es más que una convención. Fíjate, en España ya han venido los Reyes Magos y aquí aún está naciendo Jesús. Y de repente la ciudad se ha venido arriba. Parece como si hubiera despertado de un largo letargo. Los centros comerciales se han enfundado en luces y han puesto grandes altavoces en las calles con música marchosa. Todo está decorado y hay mercados por todas partes. Las pastelerías no dan abasto. La gente va de un lado para otro. Hay conciertos todos los días, desfiles de moda, exhibiciones de pintura o de innovaciones tecnológicas como duchas portátiles. Todo me recuerda un poco a la fantasía con que veía yo la Navidad cuando era pequeña. Aquí los niños se ilusionan comprando globos alargados y caramelos en los puestitos de la calle; la gente se acerca a ver nuevos productos que llegan del extranjero para revolucionar los hogares; hay muebles modernísimos en medio de las aceras; se compran manteles nuevos, ropa, lencería, alfombras... Me cruzo con corderos que van a regañadientes tirados por una cuerda hacia un destino trágico. Mucha gente porta un pollo vivo entre sus brazos. Veo casi tantos pollos como personas. Se compra y se vende algo en cada esquina. Hasta la vecina de abajo me ha parado para decirme con orgullo: ¡qué!,  ¡ya ves cómo nos las gastamos aquí con la Navidad! Es sin duda una festividad para ellos muy importante. El júbilo y el frenesí son palpables.
Aún queda la Epifanía, que la celebran dentro de dos semanas, y la gente se mete en el río para celebrar el bautismo de Jesús. Me parece que también la voy a celebrar con un chapuzón. Por lo de pronto, voy a aprovechar estos días de fiesta para irme a las montañas. Me vendrá bien andar, respirar aire puro y contactar con la naturaleza. Estoy casi segura de que las montañas han venido a mí más que yo ellas.
 
Mañá aquí é Nadal (Guenna, en amárico). Isto do calendario non é máis que unha convención. Fíxate, en España xa viñeron os Reis Meigos e aquí aínda está a nacer Xesús. E de súpeto a cidade veuse arriba. Parece coma se espertase dun longo letargo. Os centros comerciais enfundáronse en luces e puxeron grandes altofalantes nas rúas con música marchosa. Todo está decorado e hai mercados por todas partes. As pastelerías non dan abasto. A xente vai dun lado para outro. Hai concertos todos os días, desfiles de moda, exhibicións de pintura ou de innovacións tecnolóxicas como duchas portátiles. Todo me lembra un pouco á fantasía con que vía eu o Nadal cando era pequena. Aquí os nenos ilusiónanse comprando globos alargados e caramelos nos postos da rúa; a xente achégase a ver novos produtos que chegan do estranxeiro para revolucionar os fogares; hai mobles modernísimos no medio das beirarrúas; cómpranse manteis novos, roupa, lencería, alfombras... Crúzome con cordeiros que van de mala gana tirados por unha corda cara un destino tráxico. Moita xente porta un pito vivo entre os seus brazos. Vexo case tantos pitos como persoas. Cómprase e véndese algo en cada esquina. Ata a veciña de abaixo paroume para dicirme con orgullo: que!,  xa ves como nolas gastamos aquí co Nadal! É sen dúbida unha festividade para eles moi importante. O xúbilo e o frenesí son palpables.
Aínda queda a Epifanía, que a celebran dentro de dúas semanas, e a xente métese no río para celebrar o bautismo de Xesús. Paréceme que tamén a vou a celebrar cun mergullo. Polo de súpeto, vou aproveitar estes días de festa para irme ás montañas. Virame ben andar, respirar aire puro e contactar coa natureza. Estou case segura de que as montañas viñeron a min máis que eu elas.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario