Me gusta

sábado, 5 de marzo de 2016

Viaxe por Etiopía. Parte II

El aeropuerto de Lalibela está a una media hora del centro. Entre las montañas se diseminan pequeños poblados con casitas hechas de madera, adobe y tejados de paja. Hay ropa colgada en los tendales. Cada casa tiene un pajar y están trillando el cereal, a mano o con animales que lo pisotean.

O aeroporto de Lalibela está a media hora do centro. Entre as montañas disemínanse pequenos poboados con casiñas feitas de madeira, adobe e tellados de palla. Hai roupa colgada nos tendais. Cada casa ten unha palleira e están trillando o cereal, a man ou con animais que o pisan.


Casualmente se celebra San Jorge y Lalibela está en fiesta. Una procesión va detrás de una pintura del santo hasta una de las iglesias que lleva su nombre. Es una especie de Timkat, pero a pequeña escala: hay tabots, coros de iglesia cantando, banderas, elegantes parasoles...

Casualmente están a celebrar o San Xurxo e Lalibela está en festa. Unha procesión vai detrás dunha pintura do santo ata chegar a unha das igrexas que leva o seu nome. É unha especie de Timkat, pero a pequena escala: hai tabots, coros de igrexa cantando, bandeiras, elegantes parasois...



Si hay que elegir un lugar representativo de Etiopía ese es Lalibela. Sus siete iglesias medievales talladas en roca son, además de un reclamo turístico, un lugar al que todo ortodoxo debe ir alguna vez en su vida. Después de Axum, es el segundo lugar de peregrinación más importante de todo el país. Conocido también como la "Nueva Jerusalén" es Patrimonio de la Humanidad desde 1978.
Las iglesias no se ven con facilidad y un conjunto de laberintos, cuevas y pasadizos ocultos que permiten ir de una iglesia a otra, revelan que fueron construidas en una época en que la ortodoxia podría sufrir ataques.

Se houbera que elixir un lugar representativo de Etiopía ese é Lalibela. As súas sete igrexas medievais talladas en roca son, ademais dun reclamo turístico, un lugar ao que todo ortodoxo debe ir algunha vez na súa vida. Despois de Axum, é o segundo lugar de peregrinación máis importante de todo o país. Coñecido tamén como a "Nova Xerusalén" é Patrimonio da Humanidade desde 1978.
As igrexas non se ven con facilidade e un conxunto de labirintos, covas e pasadizos ocultos que permiten ir dunha igrexa a outra, revelan que foron construídas nunha época en que a ortodoxia sufría persecución.


En todas ellas están presentes los cuatro elementos. El agua de lluvia que se acumula en los pozos; el fuego de las velas y el incienso; el aire que entra por las ventanas y recorre sereno el interior de las iglesias; y la tierra tallada convertida en templos que parecen querer tocar el cielo.

En todas elas están presentes os catro elementos. A auga de choiva que se acumula nos pozos; o lume das velas e o recendor a incenso; o aire que entra polas xanelas e percorre sereno o interior das igrexas; e a terra tallada convertida en templos que parecen querer tocar o ceo.


Es llamativa la perfección con que están hechas. Líneas puras y preciosismo en detalles que hacen del lugar un verdadero paraíso espiritual. 

É rechamante a perfección con que están feitas. Liñas puras e preciosismo en detalles que fan do lugar un verdadeiro paraíso espiritual. 








En el interior de las iglesias solo es posible acceder a una pequeña parte: la reservada a los fieles. Las otras dos partes, escondidas tras cortinas, son accesibles solo a los curas y monjes. En la zona más sagrada, en la parte posterior a la iglesia, se guarda un altar, que es la réplica del Arca de la Alianza que todas las iglesias ortodoxas tienen. Ningún fiel puede verlo, excepto en Timkat, que sale en procesión encima de la cabeza de un clérigo. Los curas son el hilo de conexión entre ese mundo sagrado y nosotros, el mundo profano.

No interior das igrexas só é posible acceder a unha pequena parte: a reservada aos fieis. As outras dous partes, escondidas tras cortinas, son accesibles tan só aos curas e monxes. Na zona máis sacra, na parte posterior á igrexa, gárdase un altar, que é a réplica do Arca da Alianza que todas as igrexas ortodoxas teñen. Ningún fiel pode velo, excepto en Timkat, que sae en procesión encima da cabeza dun clérigo. Os curas son o fío de conexión entre ese mundo sacro e nós, o mundo profano.



Aunque todas las iglesias son imponentes, quizás la más bonita sea Beta Giorgios, por tener planta de cruz griega y porque, a diferencia de las demás, se accede a ella desde arriba, descendiendo por un estrecho pasadizo.

Aínda que todas as igrexas son impoñentes, quizais a máis bonita sexa Beta Giorgios, por ter planta de cruz grega e porque, a diferenza das demais, accédese a ela desde arriba, descendendo por un estreito pasadizo.





Pero aparte de las iglesias, Lalibela es bello en sí mismo. La armonía de lo humilde y lo sencillo en sus casas circulares ha detenido el paso del tiempo. 

Pero á parte das igrexas, Lalibela é belo en si mesmo. A harmonía do humilde e o sinxelo nas súas casas circulares detivo o paso do tempo. 


En lo alto de una de sus montañas se alza un antiguo monasterio excavado en roca, el Asheten Mariam, en el que todavía hoy viven ocho monjes. Tras tres horas de arduo camino llegamos a él.

No alto dunha das súas montañas álzase un antigo mosteiro escavado en roca, o Asheten Mariam, no que aínda hoxe viven oito monxes. Tras tres horas de arduo camiño chegamos a el.



Un monje nos enseña orgulloso sus tesoros y contemplamos en silencio la celebración de una misa.

Un monxe ensínanos orgulloso os seus tesouros e contemplamos en silencio a celebración dunha misa.



Al día siguiente, tras dos días en Lalibela, cogemos el avión a Axum. Allí nos esperan antiguos castillos, estelas gigantes, túmulos reales y obeliscos monolíticos. Pero esto lo contaré otro día.

Ao día seguinte, tras dous días en Lalibela, collemos o avión a Axum. Alí espérannos antigos castelos, estelas xigantes, túmulos reais e obeliscos monolíticos. Pero isto contareino outro día.



3 comentarios:

  1. Que llegue pronto ese otro dia!!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Lalibela es mágica ya desde su nombre. Qué magnífico el trabajo en la piedra, y qué contraste la forma cuadrada de las iglesias con las formas redondas de las casas.
    ¿Tres horas de caminata? Lo dicho, que te llame Calleja y le das una lección.
    bisous.

    ResponderEliminar
  3. Ei, tardei case 2 meses en ler o post, pero as fotos xa hai que as vira, unha pasada! ;)
    E contáchesme que Etiopía é o único país de África que non foi colonia, pero a relixión metéronlla ben, eh? Quen? Cando?

    ResponderEliminar